Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Ninguén coma min : Autobiografía dun tirano / Ignacio Chao

por Chao, Ignacio [autor/a]; Sánchez, Eva [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 36 p. : il. cor ; 29 cm.ISBN: 9788484648345.Materia(s): Egocentrismo | Ditadura | Tiranía | Sumisión | PorcosRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Ficción e realidade superpóñense nesta metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta a un tirano que repasa a súa traxectoria vital. O protagonista enxalza o seu carácter único no mundo, facendo da diferenza non un trazo integrador, senón elitista. A súa linguaxe e o seu ton é petulante, propio dun ser engreído, frío e egoísta. A súa ausencia de empatía cara aos súbditos obrigados a renderlle submisión, de carácter ególatra, o seu desprezo pola cultura, cunha mentalidade enfocada a considerarse o centro do universo e o seu convencemento de que todos os adiantos e comodidades son para o seu beneficio particular, convérteno no perfil do perfecto megalómano. Impermeable ás críticas, calquera opositor é condenable e saberse odiado potencia os seus delirios de grandeza e a súa crenza de que é invencible. Un inesperado final dálle un xiro rotundo á percepción lectora: tanta grandilocuencia convértese en trivial anécdota ao revelarse a identidade do insolente personaxe.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica URL Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe Outeiro das Penas
Sala préstamo
82N-G CHA nin 1 Dispoñible PEC060000007787

As ilustracións, figurativas, cun hábil tratamento cromático e de gran detallismo técnico, xogan co simbolismo dos personaxes -ratas, raposos, monos, voitres- e destacan pola agresividade das escenas humanizadas.

Ficción e realidade superpóñense nesta metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta a un tirano que repasa a súa traxectoria vital. O protagonista enxalza o seu carácter único no mundo, facendo da diferenza non un trazo integrador, senón elitista. A súa linguaxe e o seu ton é petulante, propio dun ser engreído, frío e egoísta. A súa ausencia de empatía cara aos súbditos obrigados a renderlle submisión, de carácter ególatra, o seu desprezo pola cultura, cunha mentalidade enfocada a considerarse o centro do universo e o seu convencemento de que todos os adiantos e comodidades son para o seu beneficio particular, convérteno no perfil do perfecto megalómano. Impermeable ás críticas, calquera opositor é condenable e saberse odiado potencia os seus delirios de grandeza e a súa crenza de que é invencible. Un inesperado final dálle un xiro rotundo á percepción lectora: tanta grandilocuencia convértese en trivial anécdota ao revelarse a identidade do insolente personaxe.

5º-6º Primaria

Coa tecnoloxía Koha