Chao, Ignacio
Ninguén coma min : Autobiografía dun tirano / Ignacio Chao - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2020 - 36 p. : il. cor ; 29 cm
As ilustracións, figurativas, cun hábil tratamento cromático e de gran detallismo técnico, xogan co simbolismo dos personaxes -ratas, raposos, monos, voitres- e destacan pola agresividade das escenas humanizadas.
Ficción e realidade superpóñense nesta metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta a un tirano que repasa a súa traxectoria vital. O protagonista enxalza o seu carácter único no mundo, facendo da diferenza non un trazo integrador, senón elitista. A súa linguaxe e o seu ton é petulante, propio dun ser engreído, frío e egoísta. A súa ausencia de empatía cara aos súbditos obrigados a renderlle submisión, de carácter ególatra, o seu desprezo pola cultura, cunha mentalidade enfocada a considerarse o centro do universo e o seu convencemento de que todos os adiantos e comodidades son para o seu beneficio particular, convérteno no perfil do perfecto megalómano. Impermeable ás críticas, calquera opositor é condenable e saberse odiado potencia os seus delirios de grandeza e a súa crenza de que é invencible. Un inesperado final dálle un xiro rotundo á percepción lectora: tanta grandilocuencia convértese en trivial anécdota ao revelarse a identidade do insolente personaxe.
5º-6º Primaria
9788484648345
Egocentrismo
Ditadura
Tiranía
Sumisión
Porcos
82-N