Os Megatoxos e os Templarios da Luz / Anxo Fariña
por Fariña, Anxo.
Tipo:

Este rexistro ten moitos ítems físicos (1008). Faga clic aquí para velos todos.
9 A 11 ANOS
5º-6º Primaria
Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas a intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pesadelo.
Os Megatoxos descubrirán que as redes dos misteriosos Templarios da Luz esténdense a todos os niveis e que, para a súa desgraza, están máis ligados á súa existencia do que lles gustaría aceptar.
Uns descubrimentos que realizarán no pasado, no medio da Revolución Industrial en París, a cidade das luces. Alí terán que facer fronte a unha decisión na que, nun lado da balanza estará un ser querido e no outro, unha cidade enteira. Elixan o que elixan, o futuro non volverá a ser o mesmo.