Campanari, José

É o meu aniversario / José Campanari ; Simona Mulazzani ; Laura Rubio - 1ª - Pontevedra :OQO ,2012 - 10 :Il. cor ;17cm - nanoqos .

Pasar de cumprir meses a celebrar o primeiro aniversario é todo un acontecemento, do que o noso protagonista nos fai partícipes a través do tacto.
Este sentido é o que guiará o neno no coñecemento de sensacións. As ilustracións son moi claras con respecto ás expresións da cara, que reflicten cada unha das emocións que está vivindo o pequeno no seu contacto co mundo.
Deste xeito, texto e imaxes mostran que se trata dun día especial: hai caricias, bicos, torta e o primeiro agasallo; con el, tamén, o primeiro sentimento de amizade: Oso dáme un abrazo. Ten a cabeza un pouco sucia. Xa somos amigos!

Narrativa

84498714036


Corpo-Sensacións
Emocións-Sentimentos

82N-G

Coa tecnoloxía Koha